Xa se pode consultar a resolución definitiva da convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2026-2027.

A resolución inclúe a listaxe co resultado das solicitudes e a información correspondente a cada unha das modalidades de axuda de comedor, material escolar e actividades extraescolares.

As familias poden consultar o resultado da súa solicitude no documento anexo a este anuncio. É importante ter en conta que os importes que aparecen na listaxe corresponden á contía total da bolsa para todo o curso escolar.

ONDE CONSULTAR A RESOLUCIÓN?

No anuncio da resolución definitiva e na listaxe que se achega como documentación anexa.

https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2026/11/1-ANUNCIO-CON-ANEXO_signed-1.pdf