A rede comunitaria do barrio das Fontiñas levará a cabo unha nova edición do proxecto “Fraguando a diversidad, Fontiñas somos todos” .
O vindeiro día 5 de novembro no C.S.C. das Fontiñas terá lugar unha xornada de formación dirixida a persoal técnico sobre a saúde mental e adolescencia. A saúde mental é algo máis que a ausencia de trastornos mentais: é un estado de benestar no que a persoa desenvolve as súas capacidades e é quen de facer fronte ao estres do día a día: de estudar, relacionarse, traballar de forma produtiva e de contribuír á súa comunidade.
As entidades socioeducativas do barrio consideran que a información e o coñecemento son ferramentas fundamentáis para promover unha práctica profesional que permita responde mellor as diferentes realidades persoais.
As persoas destinatarias desta formación será o persoal técnico das diferentes entidades de iniciativa social que participan na rede comunitaria do barrio das Fontiñas así como outros profesionais que participen destas ou colaboren coas entidades da zona. A maiores, a acción formativa tamén está destinada ao resto do persoal técnico e entidades das redes comunitarias do concello de Santiago de Compostela que amosen o seu interese.