María Rozas reivindica un “novo modelo económico que priorice as persoas” nos VII Premios CEGASAL

04/03/2025 | Novas

A tenenta de alcaldesa, María Rozas, participou no acto de entrega dos VII Premios CEGASAL a administracións, empresas, e profesionais dos medios de comunicación que demostraron un fime compromiso coa inclusión laboral das persoas con discapacidade e cos Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro. Na súa intervención, a concelleira lembrou que “queda un longo camiño que percorrer, porque só o 35% das persoas con discapacidade en idade laboral en España son poboación activa e só o 28,5% teñen un traballo“. María Rozas lembrou o compromiso do Concello de Santiago neste sentido e tamén a firme aposta do Goberno pola Economía Social, “polas iniciativas que demostran que a actividade económica pode ser rendible e socialmente xusta“. 

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local