A tenenta de alcaldesa, María Rozas, participou hoxe no Hospital Clínico no acto organizado por ASANOG para conmemorar o Día Internacional do Cancro Infantil. A concelleira agradeceu o traballo da asociación no apoio e acompañamento das familias, e sumouse á reivindicación do colectivo para que se reforce a atención psicolóxica aos menores e adolescentes con cancro e ás súas familias.
María Rozas participa na conmemoración do Día Internacional do Cancro Infantil
