A alcaldesa, Goretti Sanmartín Rei, e a concelleira Pilar Lueiro, sumáronse á I Marcha de Prevención do Dano Cerebral, unha andaina solidaria de 4,9 quilómetros que uniu o Milladoiro coa sede da Asociación Dano Cerebral Compostela.

Esta iniciativa foi organizada co obxectivo de visibilizar esta realidade, apoiar ás familias e concienciar sobre a importancia da saúde cerebral e o exercicio físico.

Queremos agradecer o enorme compromiso de todas as persoas que botaron a andar hoxe por unha causa tan necesaria