Xa podes consultar a resolución provisional das bolsas para comedor escolar, para material e para actividades extraescolares para o curso escolar 2026-2027.

As persoas interesadas dispoñen de 10 días naturais, desde o día seguinte á publicación, para presentar reclamacións.

Lembra: os importes indicados corresponden á contía da bolsa para todo o curso escolar.

Se hai algún erro no centro escolar ou se produciu un cambio de centro, tamén debe comunicarse dentro deste prazo.

As reclamacións poden presentarse a través do Rexistro Electrónico Xeral, da sede electrónica do Concello ou polos demais medios previstos na normativa.

https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2026/10/ANUNCIO-RESOLUCION-PROVISIONAL-BOLSAS-2026-2027.pdf