Concellaría de Santiago de Compostela

Portada » Concellaría
Milagros Castro Sánchez

María Rozas Pérez

Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, con competencias nas materias de promoción económica, comercio, emprego, políticas sociais, diversidade, economía social, maiores, saúde, na Unidade Atención ás Migracións (UAMI), cooperación ao desenvolvemento, xuventude e orzamentos participativos.

Primeira tenenta de alcaldesa.

Naceu en Santiago en 1981. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, con Máster de Estratexias, Axentes e Políticas de Cooperación ao Desenvolvemento polo Instituto HEGOA.

A súa traxectoria profesional está vinculada á consultoría de xestión económica e patrimonial para Administracións Públicas, e foi voluntaria en varias ONGD’s e participante de movementos feministas. Foi concelleira de Economía, Facenda e Administración en Santiago no período 2015-2019

 

Os Servizos Sociais

Os entendemos como un conxunto coordinado de prestacións, programas e recursos destinados a contribuir a facer reais e efectivos os dereitos constitucionais que asisten a tódalas persoas, en especial, para dar cobertura a necesidades básicas, garantindo a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social.

Servizos Sociais Comunitarios

Servizos de carácter predominantemente local:

  • Básicos: son a porta de entrada ao sistema de Servizos Sociais. Garanten a universidalidade do sistema e a súa proximidade ás veciñanza.
  • Específicos: desenvolven programas e xestionan centros orientados colectivos poboacionais con necesidades identificadas e singulares.

Servizos Sociais Especiaizados

Van dirixidos a un sector de poboación ou a unha necesidade que demanda unha maior especialización técnica, unha especial intensidade na intervención e unha base de intervención de carácter supramunicipal. A eles accedese derivados ben dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos ou ben polos Específicos.
Traballadoras sociais

Profesional de Traballo Social

Educador/a social

Profesional de Educación Familiar

Psicóloga

Profesional de Psicoloxía

Axente de desenolvemento local

Axente de desenolvemento local

Técnico de Xestión

Profesional técnico de xestión

Persoal administrativo

Persoal administrativo

Os fins dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos no concello de Santiago de Compostela son estar preto da veciñanza

Psicóloga

Escoitar as súas demandas sociais

Educador/a social

Analizar as dificultades que se presenten e mobilizar os recursos sociais oportunos

Traballadoras sociais

Mellorar a súa calidade de vida

Dereitos das persoas en relación cos Servizos Sociais
Carta de DEREITOS das persoas en relación cos Servizos Sociais (art. 6 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia)

  • O respecto da dignidade da persoa, da súa autonomía, intimidade e do seu benestar.
  • A utilizar o sistema de servizos sociais en condicións de igualdade e sen discriminación.
  • A recibir un trato acorde coa dignidade da persoa e co respecto dos dereitos e das liberdades fundamentais.
  • A unha intervención individualizada, acorde coas súas necesidades específicas, así como a que se lles asista nos trámites necesarios.
  • A recibir información de xeito áxil, suficiente e veraz, en termos comprensibles, sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais.
  • A ter asignada unha persoa profesional de referencia.
  • Á confidencialidade, ao sixilo e ao respecto en relación cos seus datos persoas e coa súa información que sexa coñecida polos Servizos Sociais.
  • A acceder ao seu expedientes persoal e a obter copia del.
  • A elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso.
  • A rexeitar a oferta de participación en servizos ou programas que lles oferte o sistema.
  • Á calidade dos servizos e prestacións recibidas.
  • A dar instrucións previas respecto da asistencia ou dos coidados que se lles poidan administrar.
  • Ao respecto dos dereitos lingüísticos das persoas usuarias.
Funcións dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos
FUNCIÓNS DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS (art. 11 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia)

O estudo e diagnóstico social da comunidade.

A elaboración dun plan de intervención comunitario.

A identificación de grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situación de risco.

A atención das situación individuais, a información, o diagnóstico e a valoración técnica.

A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos de intervención social.

A xestión do servizo de axuda no fogar e a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoas e a atención á dependencia.

A información, a orientación e o asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu acceso aos recursos sociais existentes.

O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade social.

Deberes das persoas en relación cos Servizos Sociais
Carta de DEBERES das persoas en relación cos Servizos Sociais (art. 7 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia)

  • Cumprir as normas, os requisitos e os procedementos para o acceso ao sistema galego de servizos sociais.
  • Comunicarlle ao persoal de referencia calquera cambio significativo de circunstancias que puidese implicar a interrupción ou a modificación da intervención proposta dende os Servizos Sociais.
  • Colaborar co persoal encargado para prestarlles a atención necesaria, acudindo ás entrevistas de seguimento.
  • Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos Servizos Sociais.
  • Participar de xeito activo no seu proceso de mellora, autonomía persoal e inserción social.
  • Destinar as prestacións recibidas ao fin para o que foron concedidas.
  • Contribuír ao financiamento do custo dos servizos de acordo á normativa vixente.
  • Cando utilicen as instalación, observar os regulamentos de réxime interior e as normas de funcionamento ou convivencia.

Obxectivos e liñas de intervención

1. Continuar coa actual organización do Departamento municipal de Servizos Sociais, dando máxima prioridade á atención da veciñanza en situación de desprotección social.

O noso labor xira ao redor de catro eixes fundamentais:

9
Cubrir as necesidades básicas da veciñanza de Santiago de Compostela.
9
Garantir a atención dos nosos maiores, das persoas con discapacidade ou en situación de dependencia pero tamén prestar atención a aquelas persoas que exercen o rol de coidadoras habituais e que precisan apoios para aliviar a presión diaria derivada dos intensos coidados que prestan.
9
Prestar atención social continuada ao longo dos 365 días do ano ante calquera suposto de urxencia social.
9
Non esquecer nunca ás persoas máis necesitadas.
2. Seguir coa implementación da Ordenanza de garantía básica cidadá, pero complementándoa con axudas puntuais de urxencia na adquisición inmediata de produtos de primeira necesidade (alimentación, vestiario, etc.) para persoas en situación de emerxencia ou de urxencia social.
3. Manter o orzamento adicado ás bolsas de comedor escolar, material extraescolar e actividades, incorporando a ampliación orzamentaria xa aprobada no ano 2022.
4. Incrementar o orzamento adicado ao SAF.
5. Continuar coa análise da situación das persoas maiores que viven soas. Plantéxase a contratación dunha terapeuta ocupacional para continuar coa realización deste labor, canalizando casos de vulnerabilidade ben ao servizo de axuda no fogar, ben ao de teleasistencia domiciliaria.
6. Seguir apostando polo Servizo municipal de Urxencias Sociais (SEMUS Compostela)
7. Seguir coa colaboración con entidades sociais, a través de convenios, complementando a acción municipal na atención á veciñanza de Compostela.
8. Impulso e dinamización no inicio da súa andadura do Consello das Persoas Maiores.
9. Implementación dos proxectos xa iniciados no ano 2022: envellecemento activo, “cultiva o teu corpo”, Escola de Segunda Oportunidade, etc.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local