O Concello súmase á conmemoración do Día Mundial da Diabetes e recoñece o labor da Asociación Compostelá da Diabetes
Con motivo do Día Mundial da Diabetes, celebrado hoxe, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, achegáronse á carpa informativa instalada pola Asociación Compostelá da Diabetes para mostrar o apoio do Concello e recoñecer o importante labor que desenvolve esta entidade ao longo de todo o ano.
A iniciativa permite achegar información á cidadanía, sensibilizar sobre a diabetes e lembrar a importancia de coñecer esta enfermidade, favorecer a súa prevención e avanzar na investigación.
Desde os Servizos Sociais queremos poñer en valor o traballo das asociacións que acompañan, informan e apoian as persoas con diabetes e as súas familias, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida e a construír unha sociedade máis informada, solidaria e comprometida coa saúde.
Grazas á Asociación Compostelá da Diabetes polo seu compromiso diario e polo traballo que realiza en beneficio de toda a veciñanza!
