Dende a Concellería de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela queremos informar que a partir de mañá, 1 de xuño de 2024, iniciamos un novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
O SAF foi adxudicado á empresa UTE SIAD 24-ASISTENZIA SANTIAGO, que pasará a ser a entidade prestadora do servizo dende esta data. É obxecto do contrato a prestación integral do servizo de axuda no fogar en todo o termo municipal, ofrecendo un conxunto de atencións ás persoas no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual.
Os datos de contacto da nova empresa son:
- Enderezo da oficina: Edificio Área Central. Praza de Europa portal 15 A, 5ª planta, porta B2 e C. Polígono das Fontiñas – 15707, Santiago de Compostela.
- Teléfono de contacto: 881 087 289, de luns a venres.
- Teléfono de garda e urxencias: 659 253 752, de 7-22 horas, de luns a domingo.
O persoal de atención vai continuar traballando na nova empresa polo que o servizo terá continuidade en todo momento.
O Departamento de Servizos Sociais continuará a facer o seguimento e supervisión do servizo.