Axudas para uso de taxi para persoas con dificultades de mobilidade ou que presenten limitacións para o uso do transporte colectivo do concello de Santiago de Compostela

03/04/2024 | Novas

Hoxe, 3 de abril de 2024, remata o prazo para a presentación de solicitudes de axudas para o uso do servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade ou que presenten limitacións para o uso do transporte colectivo do concello de Santiago de Compostela.

Lembramos que poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas empadroadas e residentes no Concello de Santiago de Compostela, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

  1. Que teñan recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade, impedíndolles ou dificultándolles gravemente a utilización dos transportes públicos colectivos.
  2. As persoas que teñan recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao de limitación na actividade igual ou superior ao 75 %.
  3. As persoas sometidas a tratamentos periódicos, administrados dende calquera centro hospitalario da cidade, que acrediten mediante informe médico as dificultades ou a non conveniencia de condución de vehículos e de uso do transporte público.
  4. Persoas con discapacidade, residentes no contorno rural deste termo municipal, polas limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público.
  5. Persoas residentes no contorno rural que, afectadas por unha determinada doenza, acrediten mediante informe médico que non están autorizadas a conducir, dadas as limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público.
  6. Persoas maiores, residentes no contorno rural deste termo municipal, polas limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público e, persoas maiores residentes no contorno rural deste termo municipal carentes de liñas de transporte público, que non dispoñan de vehículo particular.

 

https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2024/03/3-SOLICITUDE.pdf

https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2024/03/2-BASES-AXUDAS-TAXI.pdf

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local