Publicado no BOP de A Coruña do día de hoxe as bases que rexen as axudas para o uso do servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade ou que presenten limitacións para o uso do transporte colectivo do concello de Santiago de Compostela.
En liñas xerais poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas empadroadas e residentes no Concello de Santiago de Compostela, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:
- Que teñan recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade, impedíndolles ou dificultándolles gravemente a utilización dos transportes públicos colectivos.
- As persoas que teñan recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao de limitación na actividade igual ou superior ao 75 %.
- As persoas sometidas a tratamentos periódicos, administrados dende calquera centro hospitalario da cidade, que acrediten mediante informe médico as dificultades ou a non conveniencia de condución de vehículos e de uso do transporte público.
- Persoas con discapacidade, residentes no contorno rural deste termo municipal, polas limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público.
- Persoas residentes no contorno rural que, afectadas por unha determinada doenza, acrediten mediante informe médico que non están autorizadas a conducir, dadas as limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público.
- Persoas maiores, residentes no contorno rural deste termo municipal, polas limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público e, persoas maiores residentes no contorno rural deste termo municipal carentes de liñas de transporte público, que non dispoñan de vehículo particular.
A solicitude destas axudas poderá realizarse ata o 3 de abril dos correntes.
https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2024/03/3-SOLICITUDE.pdf
https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2024/03/2-BASES-AXUDAS-TAXI.pdf