Apoio da corporación ao acto conmemorativo do 600 aniversario da chegada do Pobo Xitano á Península Ibérica

27/10/2025 | Novas

 
A alcaldesa, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais e membros da corporación municipal asistiron no día de hoxe ao acto conmemorativo do 600 aniversario da chegada do Pobo Xitano á Península Ibérica. No acto, que tivo lugar no Teatro Principal, a rexedora compostelá agradeceulles o seu contributo á diversidade: “Que este 600 aniversario sirva para que a nosa cidade siga a ser camiño, encontro e fogar. Que a luz de Compostela, esa luz que non é só física, senón moral e colectiva, continúe a alumear o camiño de todos os pobos que a habitan”.
 
Durante o acto proxectouse a curtametraxe “O bo rei”, entregouse un diploma ás mozas e mozos do programa Promociona, e actuou o grupo “Tacón gitano”.
 
Trasladar o recoñecemento do departamento municipal de Servizos Sociais pola labor realizada durante anos no noso municipio e pola súa activa participación nas diferentes redes de intervención comunitaria!.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local