Apertura de prazo para a solicitude de bolsas de comedor escolar, material extraescolar e actividades extraescolares para o curso 2024-2025

20/05/2024 | Novas

Publicado no BOP de hoxe, a apertura de prazo para as solicitudes de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos  de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria, e centros de educación especial de educación infantil (segundo ciclo)  de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2024-2025.

O prazo de solicitude é de 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación no BOP. é dicir, dende o 21 de maio de 2024 ata o 3 de xuño de 2024, ambos incluídos.

Lémbrase que no día de mañá, 21 de maio de 2024, ás 10 horas, haberá unha xornada de portas abertas na Casa de Asociacións de Benestar Social, rúa Manuel María, nº 6 (Salgueiriños – Santiago de Compostela), para que calquera veciña ou veciño que o precise poida dispor de apoio técnico para a xestión da súa solicitude.

https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2024/05/1-SOLICITUDE.pdf

https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2024/05/2-PUBLICACION-EN-BOP.pdf

https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2024/05/3-BASES-REGULADORAS.pdf

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local