Apertura de prazo de subsanación das AXUDAS PARA O USO DO SERVIZO DE TAXI COMO MEDIO ALTERNATIVO PARA PERSOAS CON DIFICULTADES DE MOBILIDADE OU CON LIMITACIÓNS PARA O USO DO TRANSPORTE COLECTIVO DO CONCELLO DE SANTIAGO ANO 2025

27/05/2025 | Novas

No día de hoxe publicouse o requirimento de subsanación de solicitudes e documentación para a resolución de “AXUDAS INDIVIDUAIS PARA O USO DO SERVIZO DE TAXI COMO MEDIO ALTERNATIVO PARA AS PERSOAS CON DIFICULTADES DE MOBILIDADE OU QUE PRESENTEN LIMITACIÓNS PARA O USO DO TRANSPORTE COLECTIVO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. ANO 2025”.

O prazo de emenda comeza mañá 28/05/2025 e remata o 06/06/2025

https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2025/05/AXUDAS-TAXI-SUBSANACION.pdf

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local