A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o 7 de outubro de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo, en relación coa convocatoria para a concesión de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2026-2027.. :

“1.- Ampliar o prazo de xustificación da convocatoria, e específicamente en canto á xustificación das bolsas para a adquisición de material escolar,  ata o 6 de novembro de 2026.

2.- Ordenar a publicación desta ampliación na Base de Datos Nacional de Subvencións a través do BOP de A Coruña tal e como establecen as bases e a normativa xeral de Subvencións. “

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2026/10/1-ANUNCIO-1.pdf