A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 07 de outubro de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo, en relación coa convocatoria de bolsas para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal para o ano 2026 “1.- Ampliar o prazo de xustificación da convocatoria ata o 6 de novembro de 2026. 2.- Ordenar a publicación desta ampliación na Base de Datos Nacional de Subvencións a través do BOP de A Coruña tal e como establecen as bases e a normativa xeral de Subvencións”
O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.
https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2026/10/1-ANUNCIO.pdf
