O concello de Santiago de Compostela e ALCER animan á veciñanza a exercer a maior das solidariedades facéndose doadora de órganos. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais volve a colaborar co programa “Alcer 7 vidas”, para concienciar á poboación sobre a doazón de órganos e os hábitos de vida saúdables. O domingo haberá mesas informativas no estadio Verónica Boquete, coincidindo co partido da SD Compostela.
Alcer 7 vidas
