A Alameda de Santiago estreou hoxe un “Banco para compartir” nunha iniciativa impulsada por Cruz Vermella para concienciar sobre a soidade non desexada e reivindicar a importancia do apoio comunitario e do traballo en rede. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, a tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, e o presidente comarcal da Cruz Vermella en Santiago, José Luis Barreiro, presentaron hoxe a intervención, nun acto no que tamén participaron o artista Román Pintavacas, voluntarios e voluntarias da entidade, e outras representantes da Corporación Municipal.
