Convenios

Portada » Convenios
Agadea

Asociación Galega Para Axuda Dos Enfermos Con Demencia Tipo Alzheimer – Agadea

GEA – Grupo de Envellecemento Activo
Contía: 3.000 €

Descrición e obxetivos

Este proxecto nace pola necesidade de ofrecer un servizo de terapia non farmacolóxica á poboación, como unha forma de previr o deterioro cognitivo grave.

O obxectivo é facilitar estimulación cognitiva, funcional e social a persoas con deterioro cognitivo moi leve ou sen deterioro a través de actividades específicas programadas por técnicos especializados.

Hai actividades de estimulación cognitiva grupal, nas que se traballa a atención, a memoria, a linguaxe e outras funcións executivas; de estimulación funcional, nas que se traballan a psicomotricidade, a xerontoximnasia e as actividades básicas da vida diaria; e actividades lúdicas e de interacción social.

Persoas participantes:

  • Persoas que sofren algún tipo de deterioro cognitivo propio da idade, podendo participar nel a partir dos 55 anos.
  • O último ano beneficiáronse das actividades deste convenio aproximadamente 30 persoas.
Asociación Fonte Da Virxe De Familiares E Amigos Dos Enfermos Mentais

Asociación Fonte Da Virxe De Familiares E Amigos Dos Enfermos Mentais

Programa de respiro familiar para persoas que padecen unha enfermidade mental
Contía: 3.500 €

Descrición e obxetivos

Trátase de ofrecer actividades/saídas de fin de semana, e actividades socioculturais, a diferentes localidades de Galicia, co fin de favorecer as relacións familiares, xa que asegurando períodos de descanso, as familias poden contrarrestar a fatiga e o estrés ocasionado polo coidado da persoa participante.

O obxectivo último é que as persoas participantes adquiran unha serie de habilidades e destrezas para a vida cotiá e esto redunde nunha diminución de recaídas (hospitalizacións psiquiátricas) e aumento da súa calidade de vida, autonomía e independencia.

Persoas participantes

Asociación Banco De Alimentos De Santiago De Compostela

Asociación Banco De Alimentos De Santiago De Compostela

Entrega de alimentos
5.000 €

Descrición e obxetivos

O Banco de Alimentos é unha organización independente, sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado.

O obxetivo é a consecución e o aproveitamento dos alimentos excedentarios para facelos chegar aos Centros Asistenciais, e a través deles, ás familias e ás persoas mais necesitadas.

Persoas participantes

O Banco de Alimentos colabora con otras entidades, que son as que fan chegar os alimentos ás familias e persoas necesitadas.

Asociación De Pais De Persoas Con Trastorno De Espectro Autista Tea (Aspanaes)

Asociación De Pais De Persoas Con Trastorno De Espectro Autista Tea (Aspanaes)

Programa de información, orientación, valoración e apoio familiar para persoas con TEA
Contía: 3.000 €

Descrición e obxetivos

Aspanaes persegue o empoderamento das persoas con TEA seguindo o modelo de calidade de vida e traballando cas familias.

O obxectivo deste proxecto e acompañar ás familias de persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA) no seu proxecto de vida, partindo dos seus propios recursos e fortalezas, atendendo as súas necesidades e demandas, e facilitando os apoios necesarios para mellorar a súa calidade de vida e benestar.

Persoas participantes

O último ano beneficiáronse deste proxecto 50 persoas con trastorno de espectro autista (TEA), de 0 a 21 anos de idade, e familias da zona xeográfica de Santiago de Compostela

Fundación Down Compostela

Fundación Down Compostela

Proxecto de vida independente: “Esto é vida”
Contía: 10.000 €

Descrición e obxetivos

O Proxecto de Vida Independente “Isto é Vida” está deseñado para capacitar ás persoas coa Síndrome de Down ou discapacidade intelectual para vivir no seu propio fogar, a planificar o seu futuro e a realizar os seus proxectos de vida.

Actualmente os usuarios e usuarias participan en estancias curtas que xeran experiencias de vida independente na que o grupo se responsabiliza de establecer unhas normas de convivencia baseadas no respecto e a participación activa dentro do fogar e a contorna comunitaria.

Na vivenda de Fontiñas, en cesión por parte do IGVS da Xunta de Galicia, as persoas usuarias, coa supervisión e apoio de profesionáis, desenvolven as diferentes tarefas domésticas que conleva a xestión dun fogar.

O obxectivo e abrir as posibilidades das persoas, ofrecéndolles a elas e ás súas familias outras opcións de vida fóra do fogar familiar o dun centro residencial.

Persoas participantes:

Persoas pertencentes á Fundación Down Compostela, coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual maiores de 18 anos con certificado de discapacidade igual ou superior o 33% e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Motivación por parte da persoa beneficiaria, sendo ela mesmas quen manifeste o desexo de participar.
  • Condicións previas que favorezan o desenvolvemento a nivel de autonomía persoal.
  • Predisposición da familia a colaborar no proxecto.
Centro Cultural Social Xoan Xxiii De Santiago – Servizo De Aloxamento E Acollida

Centro Cultural Social Xoan Xxiii De Santiago – Servizo De Aloxamento E Acollida

Servizo de aloxamento e acollida
Contía 60.000 €

Descrición e obxetivos

O Albergue Xoán XXIII presta servizos de aloxamento e acollida nocturna e diurna.

O obxectivo e prestar servizos de acollida temporal, hixiene, alimentación, roupeiro, formación, información, asesoramento, derivación e atencións nos ámbitos laboral, xurídico, sanitario… que satisfagan as necesidades das persoas usuarias.

Persoas participantes

No último ano prestaronse servizos a 241 persoas únicas pernoctantes no albergue, 1.826 atencións no Departamento Social, 3.484 camas ocupadas, 1.101 duchas diarias totais, 181 packs de alimentos entregados con 18.359 artigos entregados, 159 solicitudes de hixiene atendidas con 1887 artigos dados, e 326 solicitudes de roupa xestionadas con 5.531 artigos entregados nas mesmas.

Universidade de Santiago de Compostela

USC Universidade de Santiago de Compostela

Programa de atención bucodental a personas en risco de exclusión social.
Contía: 10.000 €

Descrición e obxectivos

A USC ten en Odontoloxía o único Centro público de Galiza onde se fan tratamentos bucodentais integrais. Dende hai décadas, unha boa parte da súa actividade clínica está orientada a colectivos con dificultades de acceso aos coidados odontolóxicos.
A través deste convenio de colaboración a USC e o Concello de Santiago de Compostela pretenden abordar esta problemática en todas as súas dimensións: facer un traballo de educación sobre saúde bucodental nas persoas beneficiarias (identificación de actitudes de risco, instauración de medidas preventivas), tratamento de dentes susceptibles de poder ser conservados mediante técnicas odontolóxicas básicas, e restitución de dentes perdidos con próteses dentais acrílicas removibles. A boa saúde dental mellorará a capacidade de comer ou falar, a autoestima e as relacións sociais, favorecendo a integración e a inserción social e laboral.

Persoas participantes

As persoas en situación de risco de exclusión teñen dificultades evidentes para acceder a este tipo de coidados. O catálogo de prestacións do sistema público é moi reducido e case limitado á realización de exodoncias. En consecuencia este colectivo sofre un progresivo deterioro da súa saúde bucodental.

Fundación Andrea De Apoio A Nenos Con Enfermidades De Longa Duración, Crónicas Ou Terminais

Fundación Andrea De Apoio A Nenos Con Enfermidades De Longa Duración, Crónicas Ou Terminais

Tratamento psicoterapéutico para as familias con fillos/as con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais
Contía: 3.000 €

Descrición e obxetivos

O obxectivo é prestar atención e apoio a familias con menos con enfermedades de longa duración, crónicas ou termináis.

A intervención psicoterapéutica con estas unidades familiares é feita en tres planos diferentes:

  • Intervención directa con nenas e nenos que padecen doenzas que lles permiten beneficiarse de asistencia terapéutica.
  • Intervencións de terapia individual e/ou familiar, coos membros das familias afectadas, para facer fronte as dificultades particulares.
  • Intervencións grupais coa finalidade de que manter aberto un grupo aberto de apoio emocional para todos os membros das familias con nenos ou nenas con enfermidades de longa duración.

Persoas participantes

50 persoas (nais, pais, fillos, irmáns) agrupadas en 20 familias, con menores entre os 10 meses e os 18 anos.

Asociación De Pais De Persoas Con Discapacidade Intelectual - Aspas

Asociación De Pais De Persoas Con Discapacidade Intelectual - Aspas

Programa de respiro e/ou emerxencia familiar
Contía: 6.000 €

Descrición e obxetivos

Nos últimos anos as familias de ASPAS demandan un servizo que cubra en momentos puntuais a atención do seu membro con discapacidade cando na contorna familiar xorden urxencias ou situacións de estrés.

O obxectivo é ofrecer un servizo de estancias temporais – respiro familiar de fins de semana, que da cabida a estas demandas para mellorar a calidade de vida das familias con membros con discapacidade intelectual ofrecendo uns días de descanso e tamén ofrecer este servizo a aquelas persoas con discapacidade intelectual que non dispoñen de apoios no seu entorno durante os períodos de peche de outros recursos da Asociación, Vivendas ou Residencia.

Persoas participantes

As 130 familias de persoas con discapacidade intelectual que pertencen a Asociación Aspas.

Ilustre Colexio De Avogados De Santiago De Compostela.

Ilustre Colexio De Avogados De Santiago De Compostela

Servizo de quenda de letrados/as especializados/as en dereito administrativo e laboral para prestar asistencia e asesoramento xurídico na vía previa administrativa e laboral
Contía: 2.000 €

Descrición e obxetivos

Este proxecto pretende dar resposta as medidas de asesoramento Xurídico encadradas no Protocolo Municipal de actuación para a Prevención de Desafiuzamentos e a Atención das Persoas afectadas asinado polo Concello de Santiago de Compostela

O obxectivo é ofrecer un recurso de asesoramento xurídico dirixida a aquelas persoas que sofren os efectos da crise económica con maior dureza, xa que vivir un proceso de desafiuzamento implica un sen fin de circunstancias estresantes que poden levar ao límite a capacidade de resposta da persoa e facilitan a aparición de efectos indirectos non desexados

Asociación De Loita Contra Enfermidades Do Ril Da Coruña (Alcer).

Asociación De Loita Contra Enfermidades Do Ril Da Coruña (Alcer)

Programa de sensibilización en materia de doazón de órganos
Contía: 4.000 €

Descrición e obxetivos

O proxecto Alcer 7 vidas pretende dar a coñecer e normalizar a doazón de órganos entre as persoas que viven e visitan a cidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo é poder sensibilizar en materia de doazón de órganos e transplantes, dando a coñecer información clara e real sobre o tema e fomentando a visibilidade positiva do feito de doar.

Persoas participantes

Alcer adaptou as actividades aos novos tempos, facendo especial fincapé no uso das novas tecnoloxías e redes sociais para seguir fomentando a mensaxe da importancia da doazón de órganos e adquisición de hábitos de vida saudable na poboación compostelá.

Asociación De Esclerose Múltiple – Acem

Asociación De Esclerose Múltiple – Acem

Programa de rehabilitación fisioterapéutica
Contía: 9.000 €

Descrición e obxetivos

O Programa de Rehabilitación Fisioterapéutica fai fincapé na prevención, prognóstico e tratamento dos déficits presentados en cada persoa como resultado da Esclerose Múltiple.

O obxectivo da intervención é axudar a recuperar, sempre que é posible, ou a manter a máxima capacidade física, e en consecuencia tamén a psicolóxica, profesional e de ocio, compatible cos desexos da persoa afectada, cos seus plans de futuro e cos déficits provocados pola enfermidade.

As actividades desenvolvidas a través da intervención fisioterapéutica centranse en

  • Informar, asesorar e adestrar ás persoas que manteñen un papel activo no coidado do paciente, así como ás persoas afectadas pola doenza.
  • Detectar temperamente o problema, previndo ao mesmo tempo a aparición de posibles déficits que poidan presentarse ao longo do proceso rehabilitador.
  • Examinar e valorar os déficits que presente o paciente de cara a implementar a intervención.
  • Establecer un programa de tratamento adecuado ás necesidades específicas do paciente.
  • Intervir sobre os déficits detectados e estimular as capacidades que se atopan intactas.

Persoas participantes

O programa está orientado a atención de persoas con Esclerose Múltiple (EM), e nalgún caso, con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).
O ano pasado, entre xaneiro e xullo atendéronse 44 persoas (24 mulleres e 20 homes).

Por tramos de idade foron 4 persoas de entre 17 a 39 anos, 25 persoas de entre 40 a 64 anos, e 15 persoas de máis de 64 anos.

Fundación Secretariado Xitano

Fundación Secretariado Xitano

Programa Promociona Concello de Santiago
Contía: 23.000 €

Descrición e obxetivos
O Programa Promociona é un programa de apoio e orientación educativa para xóvenes xitanos/as e as súas familias, a través de aulas de reforzo, orientación educativa individualizada (familia e alumnado) e coordinación con centros educativos e outros axentes e servizos.

Os Obxectivos son:

  • Favorecer a normalización educativa do alumnado xitano para conseguir tasas máis elevadas de éxito académico no último ciclo de Educación Primaria e na Educación Secundaria Obrigadoria, e promover a súa continuidade en Estudos Medios e/ou superiores e Formación profesional.
  • Facilitar a transición entre Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, a permanencia no sistema educativo e a promoción a estudos superiores.
  • Xerar e potenciar as condicións necesarias para propiciar o éxito educativo da comunidade xitana e, en definitiva de toda a comunidade educativa mediante
Cociña Económica De Santiago De Compostela

Cociña Económica De Santiago De Compostela

Programa para garantir a necesidade de manutención básica a persoas sen recursos
Contía 60.000 €

Descrición e obxetivos

A Cociña Económica proporciona almorzos, comidas e ceas nas suas instalación.

Como aspectos mais salientables:

  • Os menús están visados por nutricionistas, e son variados e equilibrados,
  • Procúrase que os usuarios manteñan unhas normas de respeto co persoal, voluntarios e co resto do usuarios, e un bo comportamento no comedor,
  • A Cociña proporciona comidas para levar, cando algún dos usuarios non pode acudir ao comedor por enfermidade, razóns laborais ou outros motivos, e tamén a petición da policia local cando algún usuario atópase detido.

O obxectivo é cubrir unha das necesidades básicas das persoas beneficiarias, como é, poder ter diariamente unha alimentación equilibrada e saúdable.

Persoas participantes

As persoas destinarias principalmente son veciños e veciñas de Santiago de Compostela, e transeúntes que ocasionalmente veñan por Santiago.

Caritas Diocesana De Santiago De Compostela

Caritas Diocesana De Santiago De Compostela

1.Atención Primaria -Interparroquial Santiago-
2. Familia Aberta
3. Outros convenios de cesión de equipamentos
Contía: 120.000€
Descrición e obxectivos

Programa de atención primaria de Cáritas Interparroquial.

A través do programa de Atención Primaria, Cáritas Interparroquial de Santiago atende a persoas en risco de exclusión social, tratando de dar resposta a calquera demanda social.
Ten como obxectivos principais resolver as situación de carácter social, demandadas polas persoas en situación de dificultade, ben sexa económica ou de calquera outra índole, derivandoas aos diferentes proxectos de cáritas co obxectivo de intentar resolver o que demandan.

Familia Aberta

Trátase dun servizo de acompañamento a persoas que se atopan nunha situación de soidade.
Entre os seus obxectivos atópase o de recrear o ambiente familiar que non teñen as persoas que viven ou se sinten soas, evitando situacións extremas ocasionadas pola soidade (depresión, ansiedade, etc.)

Outros convenios de cesión de equipamentos

A través da cesión de vivendas por parte do Concello de Santiago de Compostela, desenvólvense proxectos dirixidos a dar acollida temporal (curta, media e longa estancia) a persoas en grave risco de exclusión social e precariedade social.
O programa Fogares Abertos, proporciona unha acollida temporal para persoas residentes na cidade que por algunha circunstancia se atopan nunha situación de risco de exclusión social.
O programa Alares, nace como resposta á falta de recursos residenciais de media e longa estancia para persoas en grave risco de exclusión, acompañando a persoa no seu proceso de incorporación social, proporcionándolle de forma temporal un fogar e un apoio psicotécnico e socioeducativo necesario para que adquiran as habilidades, estratexias e competencias que lles posibilite un proxecto de vida autónomo e independente.

Cruz Vermella

Cruz Vermella

1. Teleasistencia
2. Atención a persoas sen fogar
3. SEMUS
Contía 185.000 €

Descrición e obxetivos
Teleasistencia domiciliaria.

É un servizo técnico de proximidade, dirixido a proporcionar axuda inmediata e permanente a persoas con discapacidade ou maiores que comenzan a ter certo nivel de dependencia, a través dun dispositivo que lles permite estar conectados a unha central de axuda as 24h.
O concello de Santiago de Compostela ten asinado un convenio de colaboración con Cruz Vermella, para ofrecer á veciñanza o servizo de teleasistencia domiciliaria como recurso ponte e subsidiario á espera de poder obter o mesmo pero con carácter autonómico, se procede. O número de terminais conveniado ascende a 60.

Atención a persoas sen fogar

Proxecto dirixido ao colectivo de persoas sen fogar en situación de exclusión social severa, persoas incapaces de acceder e/ou conservar un aloxamento axeitado ben sexa por razóns económicas ou outras barreiras sociais ou por presentar outro tipo de dificultades persoais para levar una vida autónoma.
As actuacións definidas neste programa contemplan unha intervención integral e de urxente necesidade, facilitando distintas alternativas que permitan diminuír a estanza de persoas en situación de rúa, desenvolvendo actuacións de acompañamento social, de mediación, etc. e fomentando accións de promoción da saúde e autocoidados.

SEMUS Compostela

Feafes Galicia – Federación De Asociacións De Familiares E Enfermos Mentais De Galicia

Feafes Galicia – Federación De Asociacións De Familiares E Enfermos Mentais De Galicia

Programa “Atención a persoas con enfermidade mental crónica e persoas sen fogar ou en grave risco de exclusión social”
Contía: 60.000€

Descrición e obxetivos

FEAFES trata de dar resposta á situación de carencias básicas pola que atravesan as persoas con enfermidade mental en grave risco de exclusión e as súas familias en Santiago de Compostela.

A actividades fundaméntase principalmente na intervención directa e nas derivacións e coordinacións cos recursos da comunidade para o tratamento destas patoloxías e a atención das súas necesidades.

O obxectivo é contribuír a mellorar a atención social e sanitaria das persoas con enfermidade mental, así como a súa calidade de vida.

Asociación De Dano Cerebral Sarela

Asociación De Dano Cerebral Sarela

Programa de terapia acuática para persoas con dano cerebral
Contía: 3.000 €

Descrición e obxetivos

SARELA realiza un proxecto de terapia acuática con fins terapéuticos. Dirisida a persoa con dano cerebral adquirido.

Realízanse actividades individuais e grupais: Terapia Acuática, actividade de Prevención de Caídas na Auga, e Actividade Física na Auga.

O obxectivo é utilizar as características mecánicas da auga como medio versátil e seguro no que a persoa con Dano Cerebral Adquirido pode desprazarse con maior liberdade e sen risco de caídas, favorecendo a autoconfianza e seguridade da propia persoa e traballar o adestramento do equilibrio, a coordinación, a marcha…

Fundación Monte Do Gozo – Proxecto Home.

Fundación Monte Do Gozo – Proxecto Home

Programa Cocaína (Intervención e terapia a persoas con dependencia á cocaína)
Contía: 45.000€

Descrición e obxetivos

O Proxecto Home desenvolve o Programa de Cocaína.

O obxectivo é favorecer a rehabilitación e reinserción social de persoas adictas aos psicoestimulantes, fundamentalmente de cocaína, que manteñen a súa estrutura familiar, social e laboral, ou que son susceptibles de recuperar estas redes sen demasiadas complicacións e cun nivel de adicción que poda permitir a ruptura co mundo das drogas e de responsabilización da súa vida desde o primeiro momento.

Persoas participantes

  • Usuarios directos: Persoas con drogodependencias: 80
  • Usuarios indirectos: Persoas do contorno do usuario que participan nas terapias: 90
Asociación Itinera

Asociación Itinera

Programa de apoio educativo a persoas con enfermidades de saúde mental (Programa Agora)
Contía: 5.000 €

Descrición e obxetivos

A Asociación Itínera desenvolve o proxecto ÁGORA, de voluntariado dirixido a completar a formación académica e cultural de persoas con Trastornos Mentais Severos que pola irrupción da enfermidade non puideron continuar os seus estudos ou, nalgún caso, non tiveron acceso a eles.

Realizouse a través dun programa de voluntariado que implicou transversalmente a diversas institucións académicas, sociais, sanitarias, dándolle participación activa a cidadanía na labor de integración. Mantívose a orientación a unha mellor capacitación para o emprego, ao tempo que se superou ás tradicionais terapias ocupacionais, que teñen un carácter máis estático e rutinario.

Implementáronse clases particulares para sacar o título da ESO e de Bacharelato, complementouse con aulas de informática e idiomas, e fíxose unha inserción de obradoiros orientados ó desenvolvemento de técnicas de estudio ó longo de todo o proceso cunha perioricidade semanal.

Por outra banda, mantéñense os grupos de iniciativa cultural, cunha forte presenza de participantes como son os clubes de debate, lectura e cine.
Un ano máis levouse a cabo o Ciclo de Cine e Lúa co que se logra cada ano dar o salto á cidadanía, organizados por Itínera pero dirixidos á poboación en xeral.

Persoas participantes

Os beneficiarios das actividades da asociación encádranse dentro do grupo en risco de exclusión social debido a que son persoas e familias con algún membro que padeza algún trastorno mental severo (esquizofrenia, cadros esquizoafectivos, trastorno bipolar…) e que, como consecuencia directa da mesma, presentan discapacidade funcional, dificultades adaptativas, malestar subxectivo, illamiento, marxinación e estigma social.

Escola De Tempo Libre Don Bosco.

Escola De Tempo Libre Don Bosco.

Proxecto de intervención educativa e integración no tempo libre “Un lugar para ti”
Contía: 5.000€

Descrición e obxetivos

O proxecto “UN LUGAR PARA TI” ofrece actividades de tempo libre educativo nas tardes do curso e nos períodos de vacacións escolares.

Os obxectivos son:

  • Favorecer a integración e participación social dende o tempo libre no contexto da chamada “nova normalidade”.
  • Potenciar a integración de rapaces/as e mozos/as en risco de exclusión social.
  • Promocionar entre os nenos e nenas as medidas de prevención da COVID-19
  • Traballar valores como a convivencia, o respeto, a solidariedade, o traballo en equipo, … dende o ámbito da educación non formal.
  • Mellorar os procesos de socialización e integración escolar dos participantes.
  • Incluir nas actividades de tempo libre educativo a rapaces e rapazas e mozos e mozas que por causas ligadas a pandemia non poidan participar nelas fisicamente.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local