Xa se pode consultar a resolución definitiva da convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2026-2027.
A resolución inclúe a listaxe co resultado das solicitudes e a información correspondente a cada unha das modalidades de axuda de comedor, material escolar e actividades extraescolares.
As familias poden consultar o resultado da súa solicitude no documento anexo a este anuncio. É importante ter en conta que os importes que aparecen na listaxe corresponden á contía total da bolsa para todo o curso escolar.
|
ONDE CONSULTAR A RESOLUCIÓN? No anuncio da resolución definitiva e na listaxe que se achega como documentación anexa. |
