Concellaría de Santiago de Compostela
María Rozas Pérez
Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, con competencias nas materias de promoción económica, comercio, emprego, políticas sociais, diversidade, economía social, maiores, saúde, na Unidade Atención ás Migracións (UAMI), cooperación ao desenvolvemento, xuventude e orzamentos participativos.
Primeira tenenta de alcaldesa.
Naceu en Santiago en 1981. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, con Máster de Estratexias, Axentes e Políticas de Cooperación ao Desenvolvemento polo Instituto HEGOA.
A súa traxectoria profesional está vinculada á consultoría de xestión económica e patrimonial para Administracións Públicas, e foi voluntaria en varias ONGD’s e participante de movementos feministas. Foi concelleira de Economía, Facenda e Administración en Santiago no período 2015-2019
Os Servizos Sociais
Os entendemos como un conxunto coordinado de prestacións, programas e recursos destinados a contribuir a facer reais e efectivos os dereitos constitucionais que asisten a tódalas persoas, en especial, para dar cobertura a necesidades básicas, garantindo a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social.
Servizos Sociais Comunitarios
- Básicos: son a porta de entrada ao sistema de Servizos Sociais. Garanten a universidalidade do sistema e a súa proximidade ás veciñanza.
- Específicos: desenvolven programas e xestionan centros orientados colectivos poboacionais con necesidades identificadas e singulares.
Servizos Sociais Especiaizados
Profesional de Traballo Social
Profesional de Educación Familiar
Profesional de Psicoloxía
Axente de desenolvemento local
Profesional técnico de xestión
Persoal administrativo
Os fins dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos no concello de Santiago de Compostela son estar preto da veciñanza
Escoitar as súas demandas sociais
Analizar as dificultades que se presenten e mobilizar os recursos sociais oportunos
Mellorar a súa calidade de vida
Dereitos das persoas en relación cos Servizos Sociais
- O respecto da dignidade da persoa, da súa autonomía, intimidade e do seu benestar.
- A utilizar o sistema de servizos sociais en condicións de igualdade e sen discriminación.
- A recibir un trato acorde coa dignidade da persoa e co respecto dos dereitos e das liberdades fundamentais.
- A unha intervención individualizada, acorde coas súas necesidades específicas, así como a que se lles asista nos trámites necesarios.
- A recibir información de xeito áxil, suficiente e veraz, en termos comprensibles, sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais.
- A ter asignada unha persoa profesional de referencia.
- Á confidencialidade, ao sixilo e ao respecto en relación cos seus datos persoas e coa súa información que sexa coñecida polos Servizos Sociais.
- A acceder ao seu expedientes persoal e a obter copia del.
- A elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso.
- A rexeitar a oferta de participación en servizos ou programas que lles oferte o sistema.
- Á calidade dos servizos e prestacións recibidas.
- A dar instrucións previas respecto da asistencia ou dos coidados que se lles poidan administrar.
- Ao respecto dos dereitos lingüísticos das persoas usuarias.
Funcións dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos
O estudo e diagnóstico social da comunidade.
A elaboración dun plan de intervención comunitario.
A identificación de grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situación de risco.
A atención das situación individuais, a información, o diagnóstico e a valoración técnica.
A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos de intervención social.
A xestión do servizo de axuda no fogar e a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoas e a atención á dependencia.
A información, a orientación e o asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu acceso aos recursos sociais existentes.
O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade social.
Deberes das persoas en relación cos Servizos Sociais
- Cumprir as normas, os requisitos e os procedementos para o acceso ao sistema galego de servizos sociais.
- Comunicarlle ao persoal de referencia calquera cambio significativo de circunstancias que puidese implicar a interrupción ou a modificación da intervención proposta dende os Servizos Sociais.
- Colaborar co persoal encargado para prestarlles a atención necesaria, acudindo ás entrevistas de seguimento.
- Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos Servizos Sociais.
- Participar de xeito activo no seu proceso de mellora, autonomía persoal e inserción social.
- Destinar as prestacións recibidas ao fin para o que foron concedidas.
- Contribuír ao financiamento do custo dos servizos de acordo á normativa vixente.
- Cando utilicen as instalación, observar os regulamentos de réxime interior e as normas de funcionamento ou convivencia.
Obxectivos e liñas de intervención
O noso labor xira ao redor de catro eixes fundamentais: