Xornada de sensibilización sobre adolescencia e saúde mental, no marco do Proxecto “Fraguando a diversidade FONTIÑAS: SOMOS TODOS!

03/11/2025 | Novas

No día de hoxe, no centro sociocultural das Fontiñas, tivo lugar a Xornada de sensibilización sobre adolescencia e saúde mental, no marco do Proxecto “Fraguando a diversidade FONTIÑAS: SOMOS TODOS!. Xornada presentada por a Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais; María Rozas, quen cumpre co compromiso adquirido  de apoiar as iniciativas comunitarias do barrio.

Formación dirixida ao persoal técnico da rede comunitaria do barrio das Fontiñas e ás entidades de iniciativa social que están a intervir no mesmo (Arela, Centro de Saúde de Fontiñas, Abeiro, Fundación Secretariado Xitano,  Cruz Vermella, IES Antonio Fraguas, Don Bosco, Casa de Familia, Cáritas, ……..)

Dita formación foi implementada por ASEIA ( Asociación para a saúde emocional na infancia e na adolescencia) quen promove unha reflexión sobre o concepto de adolescencia na actualidade e as súas característica así como os múltiples  escenarios nos que se desenvolve. Abordando esta etapa dende a saúde mental e na noso papel como técnicos.

Os gastos da actividades foron sufragados polo concello de Santiago de Compostela, apostando polas iniciativas comunitarias de interese para a intervención coa veciñanza.

Agradecer unha vez mais a todas as persoas integrntes da rede comunitaria de Fontiñas polas súas iniciativas e polo “ben – facer”, sempre en prol da convivencia e no benestar da comunidade.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local