Nova actividade comunitaria no barrio de As Fontiñas

13/10/2025 | Novas

A rede comunitaria do barrio das Fontiñas levará a cabo unha nova edición do proxecto “Fraguando a diversidad, Fontiñas somos todos” .
 
vindeiro día 5 de novembro  no C.S.C. das Fontiñas terá lugar unha xornada de formación dirixida a persoal técnico sobre a saúde mental e adolescencia. A saúde mental é algo máis que a ausencia de trastornos mentais: é un estado de benestar no que a persoa desenvolve as súas capacidades e é quen de facer fronte ao estres do día a día: de  estudar, relacionarse, traballar de forma produtiva e de contribuír á súa comunidade.
 
As entidades  socioeducativas do barrio consideran que a información e o coñecemento son ferramentas fundamentáis para promover unha práctica profesional  que permita responde mellor as diferentes realidades persoais.
 

As persoas destinatarias desta formación será o persoal técnico das diferentes entidades de iniciativa social que participan na rede comunitaria do barrio das Fontiñas así como outros profesionais que participen destas ou colaboren coas entidades da zona. A maiores, a acción formativa tamén está destinada ao resto do persoal técnico e entidades das redes comunitarias do concello de Santiago de Compostela que amosen o seu interese.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local