O martes 30 de setembro, vaise levar a cabo a 5º xornada do Programa de Intervención con Familias onde levará a cabo un taller dirixido a potenciar o crecemento persoal dos membros do grupo, pero, sobre todo, a axudar á persoa coidadora non profesional (as familias) a identificar as súas necesidades. Este programa pretende é crear un grupo de axuda mutua que permita que as familias teñan un espazo de expresión dos seus sentimentos, as súas preocupacións e as súas necesidades, e facilitarlles as ferramentas e o apoio que necesitan. Así mesmo, é un espazo de aprendizaxe, no que as diferentes experiencias dos membros ensinen a solucionar situacións e problemas cotiáns para eles. Por outra banda, desde o servizo de axuda a domicilio dáselles unha importancia vital ás familias, posto que a existencia da falta de apoio social e emocional, en moitos casos condúcelles a pensamentos negativos e de culpabilidade que lle levan a un estado de depresión e illamento coa contorna.
Dende o equipo do SAF e de Servizos Sociais animamos a todas as persoas familiares que queixan participar a inscribirse.