Recoñecemento das persoas usuarias do SAF que tiveron a oportunidade de participar na actividade programada dende o servizo de integración social: visita á exposición fotográfica Kumh Mela “o baño da inmortalidade”, sita no museo das peregrinacións, unha boa oportunidade para realizar unha visita cultural e tamén de compartir cos demais.
O servizo de axuda no fogar contempla unha actuación integral, que vai mais alá da dimensión asistencial e que traballa para a dinamización social e o fomento da participación.