O programa de intervención con familias é un proxecto orientado a aquelas persoas coidadoras de usuarias/-os do servizo municipal de axuda no fogar (SAF), non profesionais, que viven en situacións complexas derivadas da intensidade dos coidados que prestan día a día. Valorousetecnicamente a necesidade de crear un grupo de apoio mutuo no que todas as familias usuarias do SAF que así o desexen, sexan escoitadas e valoradas.
Na sesión levada a cabo o pasado 14 de agosto, o que se pretendía era reflectir situacións moi comúns que día a día viven as familias coidadoras e que, debido ao colapso ou cansazo, non son capaces de analizar obxectivamente a situación e desbórdanse ante ela. En definitiva, o que se pretende é tanto analizar situacións como dar pautas e indicacións técnicas.
Novamente, o noso recoñecemento a todo o equipo de profesionais do SAF de Santiago de Compostela que fixeron posible a implementación desta actividade e animar a todas as persoas coidadoras de usuarias e usuarios do SAF, que lles sexa posible, a seguir participando nas vindeiras sesións que se organicen dende o servizo de integración social da empresa adxudicataria do servizo municipal de Axuda no Fogar, a UTE SIAD24-ASISTENZIA SAF SANTIAGO DE COMPOSTELA