Visita da Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais ao piso no que a Fundación Down Compostela desenvolve o programa de vida independente “Isto é vida”

16/07/2025 | Novas

A concelleira de Dereitos Sociais, María Rozas, visitou o piso no que a Fundación Down Compostela desenvolve o seu programa de vida independente “Isto é vida”, da man de Pamela, Fran e Dani, os tres mozos que comparten a vivenda. O departamento de Servizos Sociais incrementou ata 15.000€ a achega que destina a este proxecto, que quere fomentar a autonomía das persoas con Síndrome de Down. Na visita tamén participou o presidente de Down Compostela, Juan Martínez

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local