Os programas de inclusión en Santiago de Compostela

02/01/2024 | Novas

Pola presente dase conta dos Programas de Inclusión Social cofinanciados parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+Galicia 2021-2027 neste termo muninicipal:

  1. Programa Local de Inclusión Social de colectivos en risco de exclusión.
  2. Programa de desenvolvemento integral do colectivo xitano
  3. Programa de Inclusión de Menores a cargo
  4. Programa de apoio á inclusión residencial de persoas en situación de vulnerabilidade social.
  5. Programa de apoio á inclusión de persoas sen fogar.
  6. Programa de Vivendas de Transición en Santiago de Compostela (VITRASAN)

Mais información, no seguinte enlace

https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2025/05/INFORMACION-SOBRE-PROGRAMAS-DE-INCLUSION-EN-SANTIAGO.pdf

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local