O vindeiro 24 de abril de 2025, ás 19 horas, a Asociación Cultural Casino de Santiago organiza a mesa de diálogo “Facer visible a pobreza e a exclusión social en Santiago”, na que participarán Carlos Juíz (director de Cáritas Interparroquial), Leonor Silva (coordinadora comarcal de Cruz Vermella), Clara Gallego (directa de Cociña Económica de Santiago) e Eva González (xefa de sección de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela). A mesa estará moderada por Manolo Fraga, director de Vía Láctea Comunicación.
Mesa de diálogo “Facer visible a pobreza e a exclusión social en Santiago”
