O punto de atención de Servizos Sociais de Fontiñas da conta da implementación do Proxecto “A nosa vida, en positivo?, 10ª ed.”, levado a cabo nos meses de novembro e decembro do ano 2024. Incorporan a memoria de xestión do mesmo.
Lembremos que este proxecto foi implementado polos Servizos Sociais Comunitarios do barrio e polo centro de saúde desta zona, en colaboración cos dous centros educativos:
- Charla-coloquio levada a cabo o 22 de novembro de 2024, no CEIP Plurilingüe Montes dos Postes, con alumnado de 5º de Educación Primaria e no que participaron 45 alumnas e alumnos.
- Charla-coloquio levada a cabo o 13 de decembro de 2024, no CEIP Fontiñas, con alumnado de 5º de Educación Primaria e no que participaron 47 alumnas e alumnos.
Unha vez mais, o noso recoñecemento a todos os servizos públicos e entidades de iniciativa social, que asumen a intervención interdisciplinar e comunitaria como un dos piares da súa labor profesional.