Reapertura de derivacións ao programa do Fondo Social Europeo Plus de Asistencia Material Básica (Programa BÁSICO)

19/11/2024 | Novas

Comunícase a reapertura de derivacións ao programa do Fondo Social Europeo Plus de Asistencia Material Básica (Programa BÁSICO) dende o 19 de novembro, con motivo da reasignación a Galicia dunha contía adicional de 202.300,93 euros para executar neste ano 2024, no que a xestión temporal do programa recae no Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030.

O período de acceso e derivación estará aberto ata o 5 de decembro de 2024, se ben este prazo podería acurtarse en tanto o acceso ao programa queda suxeito á existencia do crédito indicado no parágrafo anterior.

Lémbrase que, de acordo co contido do programa neste 2024, as tarxetas concederanse polos meses que medien entre o mes da solicitude e o final do ano, si ben poderán ser utilizadas con posterioridade polas persoas destinatarias ata esgotar o saldo correspondente ou, en todo caso, ata o 31 de marzo de 2025.

https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2024/11/NOTA_REAPERTURA_PROGRAMA_BASICO_-2024.pdf

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local