Visita a centros de persoas sen fogar no País Vasco

18/10/2024 | Novas

Coñecer experiencias doutros centros que interveñen con persoas sen fogar é importante para avanzar no modelo organizativo e de xestión no centro que se está rematando no concello de Santiago de Compostela.

Por iso, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, a xefa de servizo de Servizos Sociais e a xefa de sección de Servizos Sociais Comunitarios Básicos, se trasladaron ao País Vasco, para coñecer polo miúdo dous dos centros que mais se poden asimilar ao modelo que se persigue en Compostela: Elejabarri e Munto.

Grazas ás compañeiras e compañeiros que adicaron horas a explicarnos o seu día a día e a súa experiencia neste ámbito!!!!

 

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local