IV ed. proxecto da rede comunitaria do barrio de As Fontiñas “Medrando cos nosos maiores”

24/06/2024 | Novas

A  rede comunitaria do barrio de Fontiñas ven de implementar no día de hoxe  a actividade “TÉCNICAS DE RELAXACIÓN PARA REDUCIR O INSOMNIO E A ANSIEDADE” en colaboración con Cruz Vermella e o Centro de saúde de Fontiñas. A actividade foi impartida por Yolanda Teijeiro. Os maiores dobarrio aprenderon técnicas de relaxación para  realizar no seu fogar e desfrutar dun mellor descanso e benestar persoal.

A actividade está enmarcada dentro do proxecto “Medrando cos nosos maiores” e que da continuidade á realizada o pasado 23 de maio onde se abordou “Os medicamentos e os seus efectos na saúde”.

Grazas a todas e a todos pola vosa participación!

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local