Actualización de datos de contacto coa empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar

06/06/2024 | Novas

Dende a Concellería de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela queremos informar os datos de contacto actualizados da nova empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar, UTE SIAD 24-ASISTENZIA SANTIAGO, son:

  • Enderezo da oficina: Edificio Área Central. Praza de Europa portal 15 A, 5ª planta, porta B2 e C. Polígono das Fontiñas – 15707, Santiago de Compostela.
  • Teléfono de contacto: 881 564 341, de luns a venres.
  • Teléfono de garda e urxencias: 659 253 752, de 7-22 horas, de luns a domingo.
  • E mail: santiago@utesiadasistenzia.es

 

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local