Publicado no BOP de hoxe, a apertura de prazo para as solicitudes de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria, e centros de educación especial de educación infantil (segundo ciclo) de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2024-2025.
O prazo de solicitude é de 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación no BOP. é dicir, dende o 21 de maio de 2024 ata o 3 de xuño de 2024, ambos incluídos.
Lémbrase que no día de mañá, 21 de maio de 2024, ás 10 horas, haberá unha xornada de portas abertas na Casa de Asociacións de Benestar Social, rúa Manuel María, nº 6 (Salgueiriños – Santiago de Compostela), para que calquera veciña ou veciño que o precise poida dispor de apoio técnico para a xestión da súa solicitude.
https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2024/05/1-SOLICITUDE.pdf
https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2024/05/2-PUBLICACION-EN-BOP.pdf
https://servizossociais.santiagodecompostela.gal/wp-content/uploads/2024/05/3-BASES-REGULADORAS.pdf