A rede comunitaria do barrio de Fontiñas vai implementar nos vindeiros días unha nova edición do proxecto “Medrando cos nosos maiores”. Nesta ocasión, o proxecto vaise concretar en dous obradoiros, que se van celebrar o vindeiro 23 de maio de 2024, no salón de actos do Centro Sociocultural das Fontiñas:
- Ás 11,30 horas: “Os medicamentos e os seus efectos na saúde”, impartido pola farmacéutica do Centro de Saúde de Fontiñas.
- Ás 12 horas: “Primeiras intervencións”, impartido polo equipo de socorro da Cruz Vermella.