A alcaldesa, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais e varios membros da corporación municipal recibiron a Juan Carlos Unzué, exfutbolista, adestrador e enfermo de ELA, co obxectivo de visibilizar esta enfermidade e transmitir o apoio do concello de Santiago de Compostela á súa loita. Tamén asistiu Susi Seoane da Asociación Agaela Galicia.