Dende a rede comunitaria do barrio de As Fontiñas informan que o vindeiro 3 de abril de 2024 terá lugar una nova edición do proxecto “Fraguando a diversidade”. Esta vez o proxecto consiste na celebración dunha xornada de formación/sensibilización sobre a saúde mental e a inclusión social.
As entidades socioeducativas do barrio de Fontiñas consideran a “información” e o “coñecemento” como a ferramenta básica para garantir o adecuado desenvolvemento persoal e profesional. De aí, que cun enfoque colaborativo, se parta desa ferramenta, para que dende unha óptica comunitaria, incrementar e mellorar a actuación profesional sobre a saúde mental.
As persoas destinatarias desta acción formativa serán o persoal técnico da rede comunitaria do barrio das Fontiñas así como outros membros que participen destas ou colaboren coa entidades do barrio.