Servizo de educación e apoio familiar

Infancia e familia

Servizo prestado por profesionais técnicos do ámbito socioeducativo dirixido fundamentalmente a unidades de convivencia que se atopan en situación de vulnerabilidade, e nas que existe a presencia de menores en risco, ou a aquelas nas que se identifican outros factores que revelan unha situación de risco de exclusión social.

Obxectivos

  • Promover a adquisición de habilidades para o correcto desenvolvemento das funcións parentais e educativas.
  • Poñer á disposición da familias información sobre os recursos sociais, educativos e de lecer en relación coas posibilidades do contorno.
  • Promover espazos de encontro de nais e pais enfocados á mellora das capacidades educativas.
  • Prever e atender situacións que provoquen vulnerabilidades ou risco social.

Actuacións

Dende o programa abránguense as seguintes actuacións mediante o deseño dun proxecto individualizado de intervención:

  • Accións no ámbito das relacións familiares: facilitando pautas e estratexias que favorezan unhas adecuadas relacións e interaccións entre os diferentes membros da unidade de convivencia: fomento do respecto, adecuados diálogos, axeitada aplicación dos castigos, facilitación de pautas educativas, apoio na existencia de problemáticas específicas, identificación dun estilo educativo….
  • Accións no ámbito das relacións sociais: reforzando uns axeitados vínculos co seu entorno inmediato favorecendo a participación activa e real nos recursos existentes. (Membros activos dentro da súa comunidade).
  • Accións no ámbito da saúde: estimulando unha adecuada educación para a saúde nos diferentes membros da unidade familiar, achegamento ós recursos sanitarios, valoración da prevención como mellora da calidade de vida, seguimentos médicos axeitados, prevención de riscos, planificación familiar….
  • Accións no ámbito escolar: fomentando os contactos co entorno escolar, estimulación da implicación parental nos estudos, reforzo de hábitos de estudio, adquisición da material escolar, prevención do absentismo escolar, fomento da participación en actividades extraescolares, deseño de estratexias de intervención conxuntas …
  • Accións no ámbito de organización: apoiando na planificación e organización de gastos, estimulación dunha axeitado organización doméstica, reforzo de hábitos de aseo e limpeza diarios…
  • Accións na área formativa-laboral: prestando Información sobre canles de inserción, achegamento ós recursos, elaboración de itinerarios formativos, fomento da formación, motivación para a busca de emprego…

Quen o pode solicitar?

  • Persoas que teñan fixada a súa residencia no termo municipal de Santiago de Compostela.
  • Persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade social, valorada esta por persoal técnico de Servizos Sociais.

Como se realiza a tramitación?

Para realizar o trámite co obxecto de ser persoa usuaria Servizo de Educación e Apoio Familiar, débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de Educación Familiar do PASS que corresponda segundo domicilio de residencia.

Prazo

En calquera momento.

Onde se pode solicitar?

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local