Programa municipal de inclusión social

Inclusión social

Promove a inserción social e laboral das persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión, mediante o desenvolvemento de procesos individualizados e integrais de inserción.
O programa articulase sobre a elaboración de itinerarios integrais de inserción sociolaboral que, tomando como punto de partida a corresponsabilidade das persoas beneficiarias, contemple o desenvolvemento de estratexias individuais no seu proceso de incorporación ao mercado laboral.

Os servizos que ofrece articúlanse en tres eixos principais:

  1. Información e orientación.
  2. Formación: de adultos, prelaboral, e acceso a formación ocupacional.
  3. Mediación para o acceso ao mercado de traballo.

Que servizos ofrece?

  • Promóvese un traballo coordinado e en rede co dispositivo autonómico con competencias específicas de vivenda, co fin de canalizar necesidades sociais e propiciar a integración da veciñanza no contorno comunitario.
  • Información e canalización do acceso á oferta formativa e laboral existente na cidade.
  • Formación de adultos e prelaboral: Mellora da empregabilidade a través de dúas vías:
    • Formación para a superación de diversas probas oficiais (competencias clave, acceso a ciclos, Graduado en ESO…)
    • Formación para o fortalecemento das habilidades persoais, profesionais e relacionais, que incrementen a competencia social, persoal e laboral.
  • Orientación sociolaboral: Contempla dúas liñas de traballo: a formación e adestramento nas técnicas de busca de emprego, así como o coñecemento das características do mercado laboral e das canles de acceso ao emprego.
  • Mediación e seguemento para o acceso ao mercado de traballo, a través dunha bolsa de emprego, así como da sensibilización e asesoramento sobre boas prácticas de contratación á empresa contratante durante o desenvolvemento da relación laboral.

Quen pode solicitar a súa participación?

Persoas residentes no municipio de Santiago de Compostela perceptoras ou potencial beneficiarias da RISGA ou da Renda Municipal de Garantía básica cidadá (ambas directa ou indirectamente, e con proxecto laboral), así como persoas en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social valorado polos servizos sociais municipais. Entre os indicadores a valorar pódense citar:

  • Carencia continuada de recursos económicos para afrontar as necesidades básicas
  • Mulleres desempregadas en situación de cargas familiares non compartidas
  • Persoas en risco de desafiuzamento e/ou con vivendas precarias
  • Persoas paradas de longa duración (prioritariamente mulleres)
  • Persoas desempregadas integrantes de unidades familiares nas que ningún membro estea percibindo retribucións ou prestación algunha…

Requisitos específicos

Para participar no programa é preciso a derivación por parte das traballadoras sociais municipais, ou profesionais de calquera dos programas da Concellaría (Servizo de educación e apoio familiar, programa de apoio á inclusión residencial, programa de apoio á inclusión das persoas sen fogar, Unidades de Traballo Social, entre outros).
Excepcionalmente, valorarase tamén a participación de persoas derivadas doutros servizos e/ou institucións, tras unha valoración da situación persoal e/ou familiar.

Como se realiza a tramitación?

Para participar no programa débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de educación familiar do programa ou co profesional de Traballo Social do PASS que corresponda segundo domicilio de residencia, para que este faga a valoración pertinente en relación a súa inclusión no programa.

Prazo

En calquera momento.

Onde se pode solicitar?

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local