Que servizos ofrece?
Ofrece unha contía económica de carácter periódico cuxa finalidade é proporcionar á persoa beneficiaria recursos económicos para contribuír á cobertura dos gastos derivados da atención prestada pola persoa coidadora non profesional co obxecto de posibilitar a permanencia da persoa beneficiaria no seu domicilio habitual.
Quen o pode solicitar?
- Persoas que estean valoradas como dependente e no seu Programa de Atención Individualizada (PIA) determínese a adecuación desta prestación.
- Que os coidados que deriven da situación de dependencia da persoa beneficiaria se estean prestando no seu domicilio habitual e con carácter previo dun ano á data da solicitude, debendo residir a persoa en situación de dependencia no dito domicilio como mínimo 9 meses ao ano.
- Que se dean as condicións axeitadas de convivencia e de habitabilidade da vivenda para a prestación dos coidados necesarios. Terase en conta a accesibilidade suficiente que permita o exercicio das funcións de coidado de persoal.
- A convivencia no mesmo domicilio da persoa beneficiaria e a persoa coidadora constitúe un requisito necesario.
- A imposibilidades de recibir a atención necesaria dun servizo debido á inexistencia de recursos públicos ou privados acreditados.
- A persoa coidadora non profesional encargada da atención da persoa en situación de dependencia debe cumprir as seguintes condicións:
-
- Residir legalmente en España e estar empadroado nun municipio na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ser cónxuxe ou familiar por consanguinidade, afinidade ou adopción, ata o terceiro grao de parentesco. A atención e coidados que preste a persoa coidadora non profesional á persoa beneficiaria desenvólvense no marco da relación familiar e, en ningún caso no dunha relación contractual, xa sexa laboral ou doutra índole. Enténdense como situacións asimiladas á relación familiar, a parella de feito, titor/a e persoa designada, administrativa ou xudicialmente, con funcións de acollemento. Ademáis deberá quedar acreditada a convivencia e os coidados con carácter previo dun ano polo menos á data de presentación da solicitude.
- Excepcionalmente, poderá ter a condición de persoa coidadora non profesional a persoa que, aínda non tendo grao de parentesco, resida no mesmo municipio ou noutro veciño. Neste suposto é requisito imprescindible a convivencia da persoa coidadora non profesional no mesmo domicilio que o da persoa en situación de dependencia.
- Ser maior de 18 anos, reunir as condicións de idoneidade e estar en plenitude de facultades e dispoñibilidade para prestar de maneira efectiva os coidados adecuados á persoa en situación de dependencia.
- A persoa coidadora deberá ter dispoñibilidade para prestar o coidado e atención de forma axeitada e continuada durante un período mínimo dun ano, excepto que por circunstancias sobrevidas e imprevisibles non poida completar este período. Ademais, deberá contar con tempo de dedicación suficiente para atender a persoa beneficiaria naquelas situacións en que precise axuda para realizar as actividades básicas da vida diaria.
- Reunir as condicións de formación non formal que se recollan na normativa autonómica específica ou, no seu defecto, asumir o compromiso da súa participación nas accións formativas non formais e de apoio que se lle ofrezan por parte da consellería.
- Asumir formalmente os compromisos necesarios para garantir a calidade na atención e coidados da persoa en situación de dependencia.
Como se realiza a tramitación?
Para efectuar esta tramitación a través do concello é necesario que concerte cita previa co teléfono de CITA PREVIA de Servizos Sociais.
Acuda ao Punto de Atención de Servizos Sociais que corresponda polo domicilio con cita previa.
Os profesionais valoran individualmente cada situación e apoian na tramitación da axuda e a viabilidade do servizo.
Documentación
- Orixinal do número de conta bancaria en que figure a persoa en situación de dependencia e, se é o caso, o/a titor/a ou o/a representante, como persoa titular.
- Orixinal do DNI/NIE e do certificado de empadroamento da persoa coidadora, so no suposto de que non o autorice o interesado/a para que estes datos poidan ser solicitados directamente polo órgano tramitador. O certificado de empadroamento acreditará a residencia no mesmo concello da persoa con dependencia ou nun veciño, de polo menos un período previo dun ano.
- Se é o caso, certificado de residencia legal en España da persoa coidadora ou permiso de residencia.
- Anexo de compromisos da persoa coidadora profesional.
Prazo
En calquera momento.