Libranza para a asistencia persoal

Persoas dependentes

Que servizos ofrece?

Contribuír á contratación dun asistente persoal, durante un número de horas, que facilite á persoa beneficiaria o acceso á educación e ao traballo, así como a unha vida máis autónoma no exercicio das actividades básicas da vida diaria.

Obxectivo

Facilitar o desenvolvemento de actividades da vida diaria, laborais e/ou educativas e propiciar a participación na vida social e económica da persoa beneficiaria. As actividades laborais e educativas comprendidas nesta modalidade poden ter lugar, indistintamente, dentro ou fóra do domicilio habitual da persoa beneficiaria.

Inclúe, polo menos, as seguintes accións:

  • Atención persoal (apoio á hixiene persoal, a alimentación, a mobilidade e ao coidado da saúde, entre outros).
  • Apoio á organización, á limpeza e a orde do fogar
  • Acompañamento e apoio en xestións persoais fora do fogar.
  • Acompañamento e apoio nas actividades laborais, ocupacionais, educativas e/ou de participación social e económica.

Quen o pode solicitar?

Persoas que teñan recoñecido unha situación de dependencia en calquera dos seus graos e que se atopen en situación de gran dependencia ou dependencia severa con idade igual ou superior ós 16 anos.

Requisitos específicos

  • Que a persoa en situación de dependencia estea capacitada para ordenar e supervisar as actividades do servizo de asistencia persoal.
  • Con respecto á participación  en actividades educativas e/ou laborais regulares, estas deben de cumprir os seguintes criterios:
    1. A actividade laboral deberá desenvolverse nun centro especial de emprego, nun centro ocupacional ou nunha empresa ordinaria, ou ben deberase acreditar traballar como autónomo.
    2. A actividade formativa integrarase nun programa de estudos de carácter continuado. A formación impartirase nun centro público ou privado legalmente autorizado. O ensino ofrecerase en modalidade virtual ou presencial.
    3. Que o programa de estudos estea recoñecido, homologado ou autorizado, segundo os casos, pola autoridade pública competente.
    4. Que a persoa beneficiaria se encontre en situación de busca activa de emprego (participar activamente nos distintos programas, accións ou medidas activas de emprego propostas polo Servizo Público de Emprego de Galicia).
  • A persoa beneficiaria deberá de comprometerse a cumprir coas obrigas establecidas en materia de seguridade social no caso de que o/a asistente/a persoal sexa contratado/a directamente pola persoa beneficiaria da libranza.

Como se realiza a tramitación?

Para realizar o trámite dende o Departamento municipal de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela, débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de Traballo Social do PASS que corresponda segundo domicilio de residencia.

No caso de que a persoa contrate directamente ao asistente persoal o día da cita é aconsellable aportar a seguinte documentación necesaria para a súa tramitación.

Documentación

  1. Orixinal do certificado do número de conta bancaria en que figure a persoa en situación de dependencia e, se é o caso, o/a titor/a ou o/a representante, como persoa titular.
  2. Orixinal DNI/NIE en vigor do/a asistente/a persoal, no suposto de que non o autorice o interesado/a para que estes datos poidan ser solicitados directamente no seu nome polo órgano tramitador, ou CIF da entidade prestadora.
  3. Se é o caso, orixinal do certificado de residencia legal en España do asistente persoal.
  4. Declaración responsable da persoa que presta a asistencia persoal en que conste o  compromiso de realizar a formación que no seu momento se determine. 
  5. Compromiso de cumprir coas condicións en materia de seguridade social relativas á persoa que prestará os servizos de asistencia persoal.

Prazo

En calquera momento.

Onde se pode solicitar?

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local