Servizos a veciñanza

Axudas de inclusión social (AIS)

As axudas de inclusión social (AIS) son prestacións económicas non periódicas que teñen como finalidade posibilitar ou reforzar os procesos de inclusión social das persoas ou familias en situación de exclusión social ou de risco de exclusión social, así como atender as situacións de grave emerxencia de persoas ou familias vulnerables que poidan desencadear un proceso de exclusión social.

Que servizo ofrece?

  1. Vinculadas ao uso de vivenda
    • Axudas co fin de impedir o desafiuzamento.
    • Axudas que reforcen o proceso de tránsito a unha vivenda normalizada de persoas residentes en chabolas ou infravivendas.
    • Axudas para o pagamento de comunidade, auga, luz e outros, que impidan a perda de subministracións básicas.

    Importe de prestación
    O importe da axuda de inclusión social determinarase, en cada caso concreto, de acordo coa situación económica e familiar da persoa solicitante e da súa unidade de convivencia, sendo o importe límite para as axudas vinculadas ao uso de vivenda o de 2,5 veces o importe do IPREM, non podendo concederse cunha periodicidade superior a 1 vez cada 2 anos.

  2. Destinadas á mellora da habitabilidade da vivenda habitual
      • Axudas á adecuación da vivenda sempre e cando os acondicionamentos sexan imprescindibles, para o mantemento da habitabilidade da vivenda habitual, así como á mellora da súa accesibilidade, co fin de adaptala ás circunstancias da persoa usuaria, sempre que quede acreditado no expediente que as condicións afectan a saúde das persoas que residan na vivenda, sen que en ningún caso proceda a súa concesión para a realización dunha rehabilitación integral da vivenda.
      • Procede a concesión destas axudas no suposto de vivendas en propiedade, así como nas cedidas cando se xustifique a autorización para a permanencia nelas e en ningún caso se concederán para a mellora da habitabilidade de chabolas ou infravivendas.

    Importe de prestación

    O importe da axuda de inclusión social determinarase, en cada caso concreto, de acordo coa situación económica e familiar da persoa solicitante e da súa unidade de convivencia, sendo o importe límite para as axudas destinadas á mellora da vivenda habitual o de 10 veces o importe do IPREM, non podendo concederse cunha periodicidade superior a 1 vez cada 5 anos.

  3. Destinadas á adquisición de equipamento mobiliario básico da vivenda
    • Axudas para á adquisición de mobiliario e electrodomésticos básicos da vivenda, sempre que non sexa unha chabola ou infravivenda, cando non exista nela.

    Importe de prestación
    O importe da axuda de inclusión social determinarase, en cada caso concreto, de acordo coa situación económica e familiar da persoa solicitante e da súa unidade de convivencia, sendo o importe límite para as axudas destinadas á equipamento da vivenda habitual o de 2 veces o importe do IPREM, non podendo concederse cunha periodicidade superior a 1 vez cada 2 anos.

  4. Destinadas á adquisición de mobiliario e electrodomésticos básicos da vivendaAxudas para a adquisición de alimentos, vestido e enxoval doméstico de carácter básico imprescindible para satisfacer necesidades primarias das persoas que permitan o desenvolvemento normalizado da vida diaria.
    Importe de prestación
    O importe da axuda de inclusión social determinarase, en cada caso concreto, de acordo coa situación económica e familiar da persoa solicitante e da súa unidade de convivencia, sendo o importe límite para as axudas destinadas a cubrir necesidades primarias o de 2 veces o importe do IPREM, non podendo concederse cunha periodicidade superior a 1 vez cada 2 anos
  5. Destinadas á atención sanitaria e sociosanitaria non cubertas polos sistemas públicos de saúde e de servizos sociais
    • Axudas para tratamentos, elementos protésicos ou axudas técnicas que sexan decisivos para evitar un déficit sensorial, de mobilidade, de saúde ou unha situación persoal de desvantaxe que impida ou dificulte gravemente o proceso de integración social.
    • Só se concederán a persoas que non teñan acceso a outro tipo de axudas similares, destinadas á mesma finalidade, e con preferencia aos ou ás menores de idade.

    Importe de prestación
    O importe da axuda de inclusión social determinarase, en cada caso concreto, de acordo coa situación económica e familiar da persoa solicitante e da súa unidade de convivencia, sendo o importe límite para as axudas destinadas á atención sanitaria ou sociosanitaria o de 2 veces o importe do IPREM, non podendo concederse cunha periodicidade superior a 1 vez cada 2 anos.

  6. Para sufragar gastos causados por actuacións complementarias e de acompañamento vinculadas aos itinerarios de inclusión social e formación
    • Axudas para adquisición de material didáctico, transporte, atención de menores ou maiores e apoio domiciliario, entre outros, cando estas axudas non estean incluídas nos conceptos cubertos pola propia Risga, polo programa formativo en que se participe ou, en xeral, polos diversos sistemas de benestar das administracións públicas.
    • Axudas de acompañamento e reforzo en supostos de persoas vítimas de violencia de xénero.

    Importe de prestación
    O importe da axuda de inclusión social determinarase, en cada caso concreto, de acordo coa situación económica e familiar da persoa solicitante e da súa unidade de convivencia, sendo o importe límite para as axudas destinadas á sufragar gastos causados por actuacións complementarias e de acompañamento vinculadas aos itinerarios de inclusión social e formación de 2 veces o importe do IPREM, non podendo concederse cunha periodicidade superior a 1 cada ano

  7. Axudas para gastos extraordinarios derivados de procesos de axuste persoal, especialmente nos casos de trastornos relacionados coa drogodependencia
    Importe de prestación
    O importe da axuda de inclusión social determinarase, en cada caso concreto, de acordo coa situación económica e familiar da persoa solicitante e da súa unidade de convivencia, sendo o importe límite para as axudas destinadas á gastos extraordinarios derivados de procesos de axuste persoal de 2 veces o importe do IPREM, non podendo concederse cunha periodicidade superior a 1 cada ano.

Quen o pode solicitar?

  • Persoas empadroadas e con residencia constatada polos servizos sociais comunitarios básicos en calquera dos concellos de Galicia
  • Persoas maiores de idade
  • Persoas que non dispoñan de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación pola que solicita a axuda.

Considéranse ingresos insuficientes, para os efectos da aplicación desta medida, aqueles que, correspondendo ás persoas integrantes da unidade de convivencia independente, non sexan superiores ao 125% do importe do tramo persoal e familiar da renda de inclusión que correspondería á unidade de convivencia.
Para mais información dirixirse ao Punto de atención de Servizos Sociais (PASS) que lle corresponda por zona de residencia.

Como se realiza a tramitación?

Para realizar o trámite dende o Departamento municipal de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela, débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de Traballo Social do PASS que corresponda segundo domicilio de residencia.

Prazo

En calquera momento.

Documentación

É aconsellable levar a documentación de que se dispoña, relacionada coa xestión que se queira facer e un documento identificativo (DNI, NIE, Pasaporte…).

Onde se pode solicitar?

Outros trámites e xestón de Servizos Sociais

PAPIS

VITRASAN

Servizo municipal de Atención Inmediata (SMAI)

Programa municipal de Emerxencia

Bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal

Xantar na casa

Certificado do grao de discapacidade

Servizo de axuda no fogar de libre concorrencia

Servizo de educación e apoio familiar

Valoración da situación de dependencia

Servizo galego de apoio á mobilidade persoal (transporte adaptado)

Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia

Programa municipal de inclusión social

Programa municipal de inclusión das persoas sen fogar

Libranza vinculada a servizo de atención residencial. (Bono autonomía en residencia)

Libranza para coidados no contorno familiar

Libranza para a asistencia persoal

Libranza para a adquisición dun servizo

Servizo Municipal de Urxencias Sociais: SEMUS COMPOSTELA

Prestacións complementarias á dependencia/discapacidade

Pensión non contributiva (PNC) de invalidez

Subsidio de mobilidade e gastos de transporte

Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

Pensión non Contributiva (PNC) de Xubilación

BONOTAXI: Axudas Individuais para o uso do Servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade

Axudas de inclusión social (AIS)

Axudas de Urxencia/Emerxencia Social

Servizo de axuda no fogar de dependencia

Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual

Bolsas Municipais para comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Prestacións de fomento do dereito á educación para estudos non universitarios (matrículas, materiais, desprazamento, manutención e outros gastos)

Bonobus na modalidade Carencia de Recursos

Exención municipal da cota de auga

Prestación municipal para o equipamento básico da vivienda

Prestacións municipais de habitabilidade e pobreza enerxética

Prestación municipal para cobertura de necesidades básicas

Prestacións municipais de saúde bucodental

Renda Municipal de Garantía Básica cidadá

Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Ingreso Mínimo Vital (IMV)

Servizo de Información, Orientación e Valoración

Servizo de Atención Telemática

Servizo de Cita Previa co Punto de Atención de Servizos sociais

Canles de tramitación

Para a solicitude da cita é imprescindible a identificación da persoa para a que se precisa realizar a consulta ou trámite e que indique o seu lugar de residencia, para asignarlle os profesionais que correspondan nos distintos Puntos de Atención de Servizos Sociais.

De forma xeral, podes xestionar os teus trámites
cos Servizos Sociais a través destas canles:

Sede electrónica

Podes consultar aquí os trámites específicos e a documentación dispoñible na SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Santiago

Ao acceder,seleccione a unidade tramitadora:
C05.01.01 SERVIZOS SOCIAIS

Aquí tes un exempo:

Sede Electrónica da Xunta de Galicia

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local