Subsidio de mobilidade e gastos de transporte

Persoas con discapacidade

Axuda económica destinada a cubrir gastos de desprazamentos fóra do domicilio habitual, cando a persoa con discapacidade ten grandes dificultades para utilizar, en por sí, servizos colectivos de transporte.

Contía

É fixada anualmente polo goberno.

Quen o pode solicitar?

Pódeno pedir as persoas que cumplan cos siguientes requisitos:

  • Ter tres ou máis anos
  • Ter recoñecido Grao de discapacidade igual ou superior ao 33%
  • Ter unha grave dificultade para utilizar transportes colectivos
  • Non atoparse imposibilitado para desprazarse fóra de casa.
  • Non estar comprendido no campo de aplicación do sistema da Seguridade Social por non desenvolver actividade laboral.
  • Non ser beneficiario ou non ter dereito, por idade ou por calquera outras circunstancias a prestación ou axuda de análoga natureza e finalidade e, no seu caso, de igual ou superior contía outorgada por outro organismo público.
  • Non superar o nivel de recursos económicos persoais e/ou familiares do 70% , en cómputo anual do IPREM, vixente en cada momento. No caso de que a persoa beneficiaria teña persoas ao seu cargo ou dependa dunha unidade familiar, o devandito importe incrementarase nun 10%, por cada membro distinto do beneficiario até o tope máximo do 100% do citado salario.

Como se realiza a tramitación?

Para realizar o trámite dende o Departamento municipal de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela, débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de Traballo Social do PASS que corresponda segundo domicilio de residencia.

O día da cita é aconsellable aportar a seguinte documentación necesaria para a súa tramitación.

Documentación

  • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
  • Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II.
  • Certificado de residencia da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a súa consulta.
  • Certificado de convivencia, só no caso de denegar a súa consulta.
  • Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a súa consulta.
  • Copia do certificado de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
  • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
  • Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a súa consulta.

Data

En plazo

Onde se pode solicitar?

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local