BONOTAXI: Axudas Individuais para o uso do Servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade

Persoas con discapacidade | Persoas dependentes | Persoas maiores
O Bonotaxi permite subvencionar os gastos de transporte en taxi, de persoas que a causa da súa discapacidade, enfermidade crónica, tratamento que reciba ou Idade, teñan dificultades para o uso do transporte público.

Obxectivo

  • Evitar ou compensar as desvantaxes das persoas maiores ou con discapacidade e, mais concretamente, as que presentan mobilidade reducida ou residan no contorno rural, coa finalidade de que poidan participar plenamente na comunidade.
  • Posibiliar que as persoas maiores ou con discapacidade podan acceder aos mesmos lugares, ámbitos, bens e servizos que estean a disposición da veciñanza.

Contía das axudas

O importe destas axudas non poderá superar a cantidade anualmente orzada para esta finalidade. Dicha contía repartirase entre as persoas usuarias segundo o tramo de ingresos e de acordo co establecido na seguinte táboa:

LÍMITE DE INGRESOS CONTÍA MÁXIMA QUE SE CONCEDE
ATA O 150 % DO IPREM ANUAL 350 €, pago único
MÁIS DO 150 % E ATA O 250 % DO IPREM ANUAL 250 €, pago único
MÁIS DO 250 % E ATA O 300 % DO IPREM ANUAL 150 €, pago único

Quen o pode solicitar?

  • As persoas empadroadas e residentes no Concello de Santiago de Compostela,
  • Persoas que se atopen nalgún dos seguintes supostos:
    • Teren recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33 % e mobilidade reducida que impida ou dificulte gravemente o emprego de transportes públicos colectivos. Esta circunstancia debe estar acreditada no certificado oficial ou na tarxeta acreditativa do grao de discapacidade emitidos ambos documentos polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO) dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
    • Acreditar, mediante certificado de discapacidade ou informe médico, unha discapacidade visual que implique un grao de limitación na actividade diaria, nun grao igual ou superior ao 75 %, tal como dispón o artigo 32.3 da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.
    • Acreditar, mediante informe médico, a necesidade de tratamento periódico administrado en calquera centro hospitalario da cidade, que lle dificulte a condución de vehículo ou o uso normalizado do transporte público.
    • Teren recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33 % e residir no contorno rural. Estas circunstancias deben estar acreditadas no certificado oficial ou na tarxeta acreditativa do grao de discapacidade emitidos ambos documentos polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO) dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e no certificado de empadroamento emitido dende este concello.
    • Estar afectados por un determinada doenza que impida a condución de vehículos e resida no contorno rural, dadas as limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas públicas. Estas circunstancias deben ser acreditadas mediante informe médico e no certificado de empadroamento emitido dende este concello.
    • Ter unha idade igual ao 65 anos ou mais e residir no contorno rural, dadas as limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas públicas. Estas circunstancias deben ser acreditadas mediante o certificado de empadroamento emitido dende este concello.
  • Non dispor duns ingresos persoais superiores ao 300 % do IPREM vixente anual. Os ingresos calcularanse tendo en conta a totalidade dos rendementos derivados de:
    • Rendementos do traballo.
    • Rendementos do capital mobiliario e inmobiliario.
    • Rendementos das actividades económicas.
    • Outros rendementos que consten na declaración.
  • Que a persoa solicitante desta axuda careza de vehículo adaptado. Poderase eximir deste requisito aquelas que, por causas debidamente xustificadas, calquera circunstancia lle impida a súa utilización.
  • Non ser beneficiario do Transporte Adaptado 065 da Xunta de Galicia para esa mesma finalidade. Poderá solicitarse estas axudas cando non exista dispoñibilidade de desprazamento por este servizo e sexa acreditado pola persoa solicitante.
  • Estar ao corrente durante todo o período subvencionable, e ata o último trámite de xustificación, no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Santiago e coa Seguridade Social.

Como se realiza a tramitación?

A solicitude presentarase nos modelos formalizados establecidos polo Concello de Santiago de Compostela, achegando a documentación correspondente, preferentemente por sede electrónica .

Pódese concertar cita cos Servicios Sociais Municipais a través do Servizo de CITA PREVIA ou dirixíndose a solicitala ao PASS (Punto de atención de Servizos Sociais) de referencia.

Documentación

  1. Documento de identidade da persoa solicitante e, se é o caso, documento de identidade correspondente ao representante legal e documentación acreditativa da patria potestade ou representación legal (libro de familia ou resolución xudicial).
  2. No caso de optar a esta axuda por estar afectado por algunha discapacidade, certificado oficial ou da tarxeta acreditativa desta situación, expedidos ambos documentos polo Equipo de Valoración e Orientación da Xunta de Galicia.
  3. No caso de optar a esta axuda por estar afectado por algunha doenza que lle impida a condución de vehículos e residan no contorno rural, informe médico que acredite o devandito impedimento.
  4. No caso de optar a esta axuda por estar a tratamento en centro hospitalario que lle dificulte a condución de vehículos e o uso do transporte público, informe médico que acredite o devandito impedimento.
  5. Certificado de empadroamento e convivencia. Esta documentación só será presentada no caso de non autorizar o Concello de Santiago de Compostela para obter esta información.
  6. Xustificación documental dos recursos económicos: declaración do IRPF do último exercicio económico da persoa solicitante. Esta documentación só se achegará no caso de non autorizar ao Concello de Santiago de Compostela para obter esta información da AEAT.
  7. Certificado bancario co código IBAN da conta na que desexa que ingresen a prestación no caso de que sexa concedida.

Dende os servizos sociais municipais poderase solicitar calquera outra documentación que se considere conveniente e aclaratoria para o procedemento

Prazo

Ata o 3 de abril de 2024.

Onde se pode solicitar?

  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Cabes
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Fontiñas
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Conxo-Ensanche
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Galeras

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local