Publicación dunha nova liña de prestacións para sufragar medidas terapéuticas e gastos derivados da alimentación específica a persoas afectadas por enfermidade celiaca

03/09/2025 | Novas

 
Informar que hoxe publicouse no BOP de A CORUÑA, ven de publicarse a CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA SUFRAGAR GASTOS RELACIONADOS CON MEDIDAS TERAPEUTICAS QUE APOIEN O DESENVOLVEMENTO E O BENESTAR PERSOAL – ANO 2025
 
Esta convocatoria ten por obxecto regular a xestión de axudas económicas, de carácter individual, que concede este concello a veciñas e veciños de Compostela, que seguen tratamentos privados polas dificultades e/ou trastornos da aprendizaxe ou de adaptación ao contorno, por non recibilos en servizos públicos ou porque recibíndoos, son insuficientes e conten con prescrición técnica para ser reforzados. Cobertura de medidas terapéuticas para: trastornos da aprendizaxe, trastornos da linguaxe, trastornos da conduta, estimulación temperá, altas capacidades, terapia ocupacional e produtos específicos para persoas con enfermidade celíaca.
 
Prazo de solicitude : 10 días hábiles a contar dende mañá.
 
Mais información:
 

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local