Nos últimos anos o barrio das Fontiñas caracterizouse por un sólido percorrido da rede comunitaria, a través do Plan de Desenvolvemento Comunitario que naceu coa finalidade de incrementar o benestar das veciñas e veciños que residen nesta zona, promovendo a súa inclusión social e a participación activa dentro da súa comunidade. Neste senso, teñen cabida varios programas e proxectos que seguen este fío condutor da mellora social. Nesta ocasión, a 8ª edición do Proxecto A Nosa Vida… en Positivo ? sobre vulnerabilidade dos adolescentes, retoma un formato xa experimentado en edicións anterior coa charla informativa de profesionais do ámbito sanitario para abordar o tema da educación afectivo sexual.
As actividades que vai englñobar este proxecto van ser implementadas en colaboración coa matrona do SERGAS do centro de saúde de Fontiñas e que se realizarán en dous centros educativos do barrio: CEIP MONTE DOS POSTES e CEIP FONTIÑAS.
DATA | LUGAR DE IMPLEMENTACIÓN | PERSOAS DESTINATARIAS |
15 de decembro de 2023 | CEIP Fontiñas | Alumnado de 5º de Educación Primaria. 2 grupos. Total: 47 persoas. |
14 de febreiro de 2024 | CEIP plurilingüe Monte dos Postes | Alumnado de 6º de Educación Primaria. 2 grupos. Total: |