Protección de datos persoais e privacidade
A información que se amosa nesta páxina é de aplicación con carácter xeral a todas as actividades de tratamento de datos persoais realizados polo Concello, salvo nos casos nos que se inclúa información específica.
1.Responsable do tratamento de datos
Entidade: Concello de Santiago de Compostela
CIF: P1507900G
Enderezo: Praza do Obradoiro 1, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981542300
Delegado de protección de datos: dpd@santiagodecompostela.gal
2.Rexistro de actividades de tratamento
O rexistro de actividades de tratamento será publicado en breve neste apartado. Pode acceder a información específica sobre determinadas actividades de tratamento nos enlaces seguintes:
Vídeovixilancia para a seguridade pública
3.Portal servizossociais.santiagodecompostela.gal
Pode acceder a información específica sobre o portal web municipal santiagodecompostela.gal no enlace “Aviso legal” que pode atopar na páxina principal.
4.Exercicio de dereitos
As persoas interesadas cuxos datos estean a ser tratados polo Concello poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia.
Para o exercicio destes dereitos, a persoa interesada poderá presentar unha solicitude dirixida ao alcalde por rexistro, segundo o previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (a oficina principal do Rexistro Xeral atópase en Presidente Salvador Allende 4 baixo, 15705, Santiago de Compostela).
Os usuarios e usuarias poden poñerse en contacto co delegado de protección de datos pola mesma canle ou a través do enderezo de correo electrónico dpd@santiagodecompostela.gal se considera que algún dos seus dereitos non se ten atendido correctamente.
Así mesmo, tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, mediante escrito dirixido a: Axencia Española de Protección de Datos, C/Jorge Juan núm. 6, 28001 Madrid, ou accedendo á sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/
5.Lexislación aplicable
A principal lexislación sobre protección de datos persoais é a seguinte:
- Lei 3/1018, de 6 de decembro, de protección de datos persoais e garantía de dereitos dixitais.
- Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.