PARTICIPACIÓN SOCIAL
SERVIZOS SOCIAIS

Consello municipal de persoas maiores

O Concello de Santiago de Compostela aprobou no Pleno de 30 de Setembro de 2021 o Regulamento do Consello de Maiores de Santiago de Compostela, co obxectivo de impulsar iniciativas orientadas de cara a un envellecemento activo co fin de mellorar a vida das persoas.
Este órgano constituído en xaneiro de 2022, nace co obxectivo de garantir a presenza dos maiores na vida da cidade. O Consello formulará propostas, servirá de medio consultivo e colaborará en todo o relacionado con este sector de poboación coa administración local.

Esta nova iniciativa, impulsada pola Plataforma de Pensionistas de Santiago de Compostela, busca crear un espazo para o exercicio da democracia activa e como canle de comunicación entre os maiores de 65 anos e a administración local, que posibilite a súa plena participación na vida cidadá, política, económica, social e cultural.

Poderán formar parte da Consello todas aquelas entidades que o soliciten xa que a participación é aberta. Polo momento, forman parte deste órgano como vocais as seguintes entidades: Plataforma de Pensionistas de Compostela, Asociación Compostela Solidaria, Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril (ALCER coruña), Fundación Down Compostela, Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (FERUSA), UGT e os Grupos Políticos Compostela Aberta, Grupo Popular de Santiago, PSOE e BNG.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local