O CONCELLO SÚMASE Á CONMEMORACIÓN DO DÍA NACIONAL DO DANO CEREBRAL

26/10/2023 | Novas

Santiago acolleu este mediodía un acto organizado pola Asociación Sarela para conmemorar o Día do Dano Cerebral, que dende o ano 2007 se celebra cada 26 de outubro, onde se deu lectura a un manifesto por parte de familiares e persoas afectadas por esta enfermidade. No acto participaron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas e representantes de todos os grupos municipais.

Este ano, o título do manifesto é “O VALOR DO QUE NON SE VE. AS SECUELAS INVISIBLES DO DANO CEREBRAL ADQUIRIDO” e pon o foco en visibilizar as consecuencias do dano cerebral adquirido provocado “por un ictus, un traumatismo cranioencefálico, un tumor cerebral, unha anoxia ou unha infección” e que produce “alteracións, que a miúdo non se ven a simple vista, están presentes en todas as esferas da vida: as relacións con outras persoas, o traballo, o ocio ou os estudos”. O manifesto destaca a necesidade de darlle visibilidade xa que “aquilo que non se ve, non recibe a adecuada rehabilitación e dificulta a inclusión e o apoio ás familias”.

No texto, a Federación Española de Dano Cerebral, que representa a 46 entidades e a máis de 11.000 persoas socias, reclama “que se impulse unha Estratexia Nacional de Atención ao Dano Cerebral que garanta unha atención coordinada, integral e multidisciplinar a cada persoa con Dano Cerebral, independentemente da súa situación socioeconómica e do seu lugar de residencia; que se elabore un censo de persoas con Dano Cerebral para así poder dimensionar os recursos necesarios para a adecuada atención deste colectivo; que se cree a categoría diagnóstica “Dano Cerebral”, aplicable no momento da alta hospitalaria; que se inclúa á familia como parte beneficiaria do proceso de atención, e non só como parte colaboradora; para que esta tamén reciba a información, formación e apoio psicolóxico que require durante todo o proceso; e que nos plans de atención sociosanitaria se teñan en conta as necesidades específicas das persoas con Dano Cerebral con maior vulnerabilidade, como son as persoas con dano cerebral severo, os menores con Dano Cerebral e as persoas con alteracións graves da conduta; así como das súas familias”.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local